Ubicado no Concello de Xermade, Sotavento é un parque eólico con funcións didácticas, compatibles coa investigación e producción de enerxía desde unha visión crítica. Os seus experimentos están orientados cara o aforro e o coste de producción da electricidade.
Concebido para formación e difusión das enerxías renovables e para a investigacón e tratamento de datos dos 24 aeroxeneradores, Sotavento dispón de:
1.- Instalacións interiores: (aula divulgativa, sala de control, taller da enerxía, sala de eficiencia enerxética, auditorio e mirador).
2.- Instalacións exteriores: aeroxeneradores, placas solares térmicas e fotovoltaicas, a Ruta do Vento, Ruta das Pedras (cun Museo Xeolóxico ó aire libre) e Cultivos enerxéticos.
Os obxectivos destes experimentos inclúen a posibilidade de observar varias formas tradicionais de obtención de enerxía, coñecer as fontes de enerxías renovables, analizar as fases de funcionamento dun parque eólico, aproveitamento da enerxía solar, avaliar a repercusión que teñen as actividades humanas sobre a natureza e facer ver a necesidade dun consumo enerxético responsable.
Os 24 muíños producen 38.000 mw/ano, equivalente ó consumo de 12.000 familias, reducindo as emisións de dióxido de carbono en 36.000 toneladas/ano e evitan mercar 68.000 barriles de petróleo ó ano.
Pódense facer visitas guiadas, de xeito esporádico ou concertadas chamando ó 981- 563.777; son gratuítas e está aberto tódolos días do ano.