Ejcudo Concello
 galego · castellano ·
Página Principal Galería Fotográfica Contacto Telefonos de Interese Turismo Normativa Municipal Noticias RSS
cuadritos INICIO
cuadritos Xermade
cuadritos Localización
cuadritos Medio Físico e Espacios Naturais
cuadritos Escudo do Concello
cuadritos Historia e Etnografía
cuadritos Patrimonio
cuadritos Sotavento
cuadritos Concello
cuadritos Turismo
cuadritos Parroquias
cuadritos Novas
cuadritos Axenda
cuadritos Fotografías
cuadritos Tour Virtual
cuadritos Contactanos
cuadritos Ligazons
separador
 
Adorno   Patrimonio · Adorno
O patrimonio histórico-artístico de Xermade é eminentemente de tipo relixioso e entre todas as igrexas do termo municipal destacan a de Cazás e Xermade e tamén a Escola Habanera de Roupar.

- Igrexa de Cazás: Construída no século XVIII e reformada no século actual. A súa fachada principal conta cun arco semicircular. Na entrada, por enriba del, atópase unha ventá tamén con arco semicircular.

O campanario ten dous corpos e tres vanos. O retábulo maior é de estilo barroco, típico da zona, do século XVII. Posúe, ademáis, unha cruz do século XVII.

Os cruceiros son sen dúbida o símbolo xenuíno da comarca da Terra Cha, formando parte inseparable da súa cultura e xeografía, pois casan de maneira inmellorable coa arraigada tradición relixiosa das súas xentes.

O Concello de Xermade destaca pola cantidade de cruceiros existentes nas súas parroquias. Un exemplo destas cruces situadas nos camiños é o cruceiro situado en Xermade, concretamente na praza, xunto á IGREXA DE XERMADE, de estilo neogótico. Trátase do "CRISTO ENXOITO", coroado por un quitasol ou paraguas de pedra que impide que se molle. No seu capitel destacan os anxos que o custodian.

- Escola habanera de Roupar: É un fermoso e emblemático edificio, símbolo da preocupación que pola cultura tiveron os emigrantes da parroquia de Roupar na segunda década do século XX. Recentemente restaurada e acondicionada, a edificación alberga hoxe o centro socio-cultural da parroquia de Roupar de Arriba.

Está ubicaca xunto á igrexa parroquial onde destacan dous cruceiros co capitel decorado con catro rombos e varal con inscripcións relixiosas.
Separador
 
  Pie  
Lat
Lat
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio