Ejcudo Concello
 galego · castellano ·
Página Principal Galería Fotográfica Contacto Telefonos de Interese Turismo Normativa Municipal Newsletter Informativa Noticias RSS
cuadritos INICIO
cuadritos Xermade
cuadritos Concello
cuadritos Turismo
cuadritos Parroquias
1. Santa Baia de Burgás
2. Santa Mariña de Cabreiros
3. San Miguel de Candamil
4. San Xulián de Cazás
5. Santo Andrés de Lousada
6. San Pedro de Miraz
7. San Mamede de Momán
8. San Martiño Piñeiro
9. San Pedro Fiz de Roupar
10. Santa María de Xermade
cuadritos Novas
cuadritos Axenda
cuadritos Fotografías
cuadritos Tour Virtual
cuadritos Contactanos
separador
Xermade
[+]1
Disfruta da natureza
[+]2
Envialle un email o alcalde
[+]3
Adorno   Cabreiros (Santa Mariña) · Adorno
Formada por estes barrios ou entidades singulares de poboación: A Aloulada, A Amosa, Cabreiros, A Carballosa, Caschao, O Castro, As Cernadas, O Chao, O Empalme, A Fraga, Leboré, Penachaíña, O Rego, O Reguengo, O Revellón, San Martiño, O San Vitorio, A Touza, A Touza Vella, O Tumbadoiro e Vilacide.

Arquitectura Relixiosa

Igrexa Parroquial. A antiga igrexa era obra de dúas épocas. Parte da nave era máis antiga (s. XVI), a capela maior databa do s. XVIII. A torre das campás estaba separada do resto do edificio. A nave era rectangular con teito de madeira con dúas vertentes. Enriba do dintel da porta lateral había un releve en pedra que representa unha figura humana espida. A capela maior con teito de madeira a catro augas, e arco triunfal de medio punto. A sacristía está ó lado norte do presbiterio. Os muros eran de pedra, o chan de laxes e o tellado de lousa.

- Retablo maior: Da primeira metade do século XVIII con columnas salomónicas.
- Retablo dereito: De estilo rococó cun releve de San Antón de Padua sacando unha alma do lume (derradeiro tercio do s. XVIII).
- Retablo esquerdo: De estilo neoclásico, con esculturas de San Caetano e Nosa Señora do Carme (s. XVIII) e San Antón de Padua (s. XIX).
- Retablo da nave: Cun Cristo de finais do s. XVIII e imaxe de Santa Mariña (titular da parroquia).
Cruz parroquial de prata con releve de Santa Mariña.

Capela do Reguengo (Capela de San Xosé). De planta rectangular, teito de madeira a catro augas. Orientada a poñente. Ten muros de pedra e tellado de lousa. O retablo é neoclásico con releve do Pai Eterno (s. XIX) e escultura da Sagrada Familia.

Megalitismos

Medoñas de Tras do Empalme, Medoñas do Rego da Lagoa (Vilacide) e Medoña das Cuvelas (Vilacide).

Cruceiros

Situados na Touza, Leboré, San Martiño e Adro da Igrexa.

Castros

O Castro e As Airas dos Mouros.
Separador
logo
Adorno[+] Info
Opinion
 
Deco
  Pie  
Lat
Lat
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio