Ejcudo Concello
 galego · castellano ·
Página Principal Galería Fotográfica Contacto Telefonos de Interese Turismo Normativa Municipal Noticias RSS
cuadritos INICIO
cuadritos Xermade
cuadritos Concello
cuadritos Turismo
cuadritos Parroquias
Burgás (Santa Baia)
Cabreiros (Santa Mariña)
Candamil (San Miguel)
Cazás (San Xulián)
Lousada (San Andres)
Miraz (San Pedro)
Momán (San Mamede)
Piñeiro (San Martiño)
Roupar (San Pedro Fiz)
Xermade (Santa María)
cuadritos Novas
cuadritos Axenda
cuadritos Fotografías
cuadritos Tour Virtual
cuadritos Contactanos
cuadritos Ligazons
separador
[+]1
[+]2
Adorno   Candamil (San Miguel) · Adorno
Constituída por estes barrios: O Campo, Os Carballás, A Casadedra, A Casanova, Os Currás, O Feal, A Fraguela, O Lodeiro, As Pedregosas, A Pedreira, A Pena, O Picoucelo, A Silveira Vella e Vilacide.

Arquitectura Relixiosa

Igrexa Parroquial. Reconstruída recentemente. Ten o retablo maior neoclásico, con esculturas de San Miguel (titular), San Antón de Papua e Santa Baia (s. XIX) e San Xoán Evangelista (s. XVIII). Os retablos dereito e esquerdo teñen columnas salomónicas, este último con esculturas da Dolorosa, Santa Lucía e Ecce Homo (s. XVIII). Cruz parroquial de prata con releve da Concepción (s. XVII).

Capela da Pena. Construcción de finais do s. XIX. Ten planta rectangular e está cuberta de madeira con dúas vertentes; os muros son de pedra e o tellado de lousa. O retablo é neoclásico de finais do s. XIX con esculturas de Santa Filomena (titular), San Sebastián e Nosa Señora (repintados no s. XIX).

Megalitismos

Existen varias medoñas en Vilacide.

Cruceiros

Hai cruceiros en As Pedregosas, O Picoucelo, Adro e A Pena.
Separador
 
  Pie  
Lat
Lat
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio