Ejcudo Concello
 galego · castellano ·
Página Principal Galería Fotográfica Contacto Telefonos de Interese Turismo Normativa Municipal Noticias RSS
cuadritos INICIO
cuadritos Xermade
cuadritos Concello
cuadritos Turismo
cuadritos Parroquias
Burgás (Santa Baia)
Cabreiros (Santa Mariña)
Candamil (San Miguel)
Cazás (San Xulián)
Lousada (San Andres)
Miraz (San Pedro)
Momán (San Mamede)
Piñeiro (San Martiño)
Roupar (San Pedro Fiz)
Xermade (Santa María)
cuadritos Novas
cuadritos Axenda
cuadritos Fotografías
cuadritos Tour Virtual
cuadritos Contactanos
cuadritos Ligazons
separador
 
Adorno   Xermade (Santa María) · Adorno
Formada por estas entidades singulares de poboación: O Arangón, O Camiño, As Carballeiras, As Casas Novas, Castiñeiras, As Cavadas, As Folgueiras, O Fraixo, A Gloria, As Parrugueiras, O Pedreiro,A Pena, Portosilva, A Ribeira, O Roubín, O Seixido, A Silva, O Sixto, Vilariño e Xermade.

Arquitectura Relixiosa

Igrexa Parroquial. Data do primeiro cuarto de século. Posúe as esculturas da Nosa Señora do Rosario (titular) co Neno espido sobre o brazo esquerdo (s.XVIII).

Capela do Camiño. Foi restaurada recentemente. Ten planta rectangular, teito de madeira con dúas vertentes, muros de mampostería e tellado de lousa. Posúe un retablo neoclásico coa imaxe da Inmaculada. No dintel da porta aparece esta inscrición: "ESTA CAPILLA LA HIZO DN./ FRANCO PEZ I PEÑA, PRO./ AÑO DE 1.790".

Capela de Castiñeiras. Ten planta rectangular, teito de madeira con dúas vertentes, muros de mampostería e chan de laxes con tellado de lousa. Presenta un retablo neoclásico con esta inscrición: "ESTE RETABLO SE PINTÓ PR. DEVOCIÓN DE D.MANUEL SÁNCHEZ, AÑO DE 1.876", con escultura de Santa Eufemia (titular) e San Lucas co tinteiro nos cornos do boi e inscrición: "San Marcos, 1.876".

Megalitismos

Medoñas de A Modia (O Fraixo), Alto dos Carballás (O Fraixo), Pena Grande (O Fraixo), Fiuco (O Fraixo), Modia das Chairas (Castiñeiras), Portalousa , Medoña do Agueo (Parrugueiras), Medoña do Grisano (Xermade), Medoñas das Encrucilladas (Pedrón) e Lamoso (Castiñeiras).

Cruceiros

Cristo Enxoito, Cruceiro de Castiñeiras, Cruceiro de Vilar do Sixto e Cruceiro de Santa Eufemia.
Separador
 
  Pie  
Lat
Lat
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio