Ejcudo Concello
 galego · castellano ·
Página Principal Galería Fotográfica Contacto Telefonos de Interese Turismo Normativa Municipal Noticias RSS
cuadritos INICIO
cuadritos Xermade
cuadritos Concello
cuadritos Turismo
cuadritos Parroquias
Burgás (Santa Baia)
Cabreiros (Santa Mariña)
Candamil (San Miguel)
Cazás (San Xulián)
Lousada (San Andres)
Miraz (San Pedro)
Momán (San Mamede)
Piñeiro (San Martiño)
Roupar (San Pedro Fiz)
Xermade (Santa María)
cuadritos Novas
cuadritos Axenda
cuadritos Fotografías
cuadritos Tour Virtual
cuadritos Contactanos
cuadritos Ligazons
separador
[+]1
[+]2
Adorno   Roupar (San Pedro Fiz) · Adorno
Formada por estas entidades singulares de poboación: O Aguillón, A Armada, O Aruxo, Aveás, A Azoreira, Baxín, O Bidueiral, O Boucello, Buscalte, A Calousada, O Campo, A Carballeira, A Casanova, A Criba, A Ermida, As Folgueiras, A Graña, Paidavella, Palmaz, A Pedreira, A Pena, A Pena Vaqueira, A Pinguela, O Porto da Vila, O Porto Muíño, O Portonovo, O Reboredo, A Ribeira, Sucastro, A Torre e O Vilar.

Arquitectura Relixiosa

Igrexa Parroquial. Ten nave rectangular a dúas augas. O presbiterio é a catro augas e a sacristía a 1 vertente e está situada á esquerda da capela maior. A torre das campás en canteiría está a poucos metros da igrexa.
- Retablo maior: É salomónico do s. XVIII, con esculturas do titular San Pedro, San Roque, San Antón de Padua, San Ramón Nonato e a Inmaculada.
- Retablo dereito: Con columnas salomónicas da primeira metade do s. XVIII e a escultura de Santa Lucía.
- Retablo esquerdo: Con esculturas de Santa Bárbara e un Cristo da mesma época.

Ermida de Buscalte. Ten planta rectangular, teito de madeira con dúas vertentes, chan de laxes e tellado de lousa. O retablo ten esculturas de San Miguel e Nosa Señora do Carme do s.XVIII.

Capela da Hermida. Construcción de planta rectangular, teito a dúas vertentes, muros de mampostería e chan de laxes. Ten esculturas de San Estebo (titular) e San Bartolomé (s.XVIII). Nos arredores da capela aparecen sepulturas antigas, que deixan entrever a existencia dun cemiterio. Din os viciños que alí houbo unha comunidade de monxes.

Torre de Roupar. Casa señorial provista de torre de canteiría (desapareceu o escudo de armas). A capela é rectangular con teito de madeira a tres vertentes e retablo barroco con esculturas de San Roque (titular), a Inmaculada e San Antón de Padua (s.XVIII).

Megalitismos

Medoñas en: Barreiro (Baxín), Porto da Vila, Pedreira e medoñas de Balouras (Monte de Castrillán).

Cruceiros

Situados en O Cristo, O Campo, O Mingolo e A Criba.

Castros

Castro de A Graña, Castrillán e Sucastro
Separador
 
  Pie  
Lat
Lat
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio