Medio Físico:
Xermade atópase no extremo noroccidental da Comarca da Terra Chá, delimitado ó norte pola Serra da Carba; con altitudes que acadan os 800 metros, e a Serra da Loba, que polo oeste e con altitudes de 700 metros, establece o límite coa provincia da Coruña. Os puntos máis altos son Goía (871 m), O Candieiro (706 m) e o Serrón do Lobo (702 m).
Destas aliñacións montañosas, que encerran xacementos de ferro explotados ata datas recentes, descenden numerosos regatos que aportan as augas ó río Trimaz e ó Labrada, ámbolos dous afluentes do Ladra e á súa vez do Miño.
Un pequeno sector do norleste vérteas ó Eume a través do río Chamoselo e o río de Trasdamosa.
A paisaxe está cuberta por masas forestais, que, nos derradeiros anos, retrocedeu a favor das terras de cultivo e prados para gando bovino; aínda aparecen importantes bosques de carballos e castiñeiros, con singulares exemplares como os carballos de Freán ou Augasroibas, en Cazás.
Espacios Naturais:
1.- Río Trimaz (Complexo húmido Parga-Ladra-Támoga).
2.- Fragas do Eume.
3.- Serra do Xistral.
- Rio Trimaz: No complexo húmido Parga-Ladra-Támoga. Formado por unha rede fluvial, lagoas e zonas húmidas asociadas a pasteiros, áreas agrícolas, bosques de ribeira e carballeiras. Acolle un importante número de aves acuáticas e mamíferos.
- Fragas do Eume: Parque natural no val do Río Eume e dos seus afluentes, cuberta en grande parte por bosques de carballo e castiñeiro con alta diversidade de especies forestais e fauna. Abarca unha zona de Xermade limitando coa provincia de A Coruña. Nesa zona estase levando a cabo o proxecto de Safari Framil.
- Serra do Xistral: Sistema montañoso que se extende polo norte do Concello. De gran importancia ecolóxica pola presencia de especies endémicas típicas destas zonas e diversos tipos de uces. Na parte alta dos vales predomina o bosque caducifolio.Fauna variada pola diversidade de hábitats.
Áreas de descanso:
1.- Carballeira (Campo da Feira – Momán).
2.- Praia fluvial da Acea (Cabreiros).
3.- Área de Peñote (Goía – Lousada).
4.- Carballeira de O Campo (Roupar). |