Como alcalde de Xermade quero invitar a unha viaxe virtual polo noso concello a través desta páxina e provocar o desexo de coñecelo en vivo, disfrutando das nosas paisaxes.
Xermade é terra de encontros, onde as terras chairegas tópanse coas Serras da Carba e da Loba, formando singulares recantos; onde se xuntan as vertentes do Río Miño e o Río Eume. Xermade é tamén terra de historia, onde xacementos do paleolítico se encontran con restos megalíticos e castrexos. Arquitectura relixiosa, Igrexas e cruceiros símbolo da nosa cultura e tamén a Escola Habaneira de Roupar conviven coa riqueza paisaxística característica do Concello. Proba desta riqueza están tres espacios naturais: Río Trimaz no complexo húmido Parga-Ladra-Támoga, Serra da Carba dentro do sistema da Serra do Xistral e as Fragas do Eume limitando coa provincia da Coruña.
Nas casas de turismo rural podemos disfrutar dun ambiente acolledor e practicar distintas actividades en contacto coa naturaza, tales como a pesca nos ríos que surcan o territorio municipal, rutas de sendeirismo, etc.
O Parque Eólico Experimental de Sotavento, único no mundo, inaugurado o 21 de Xuño de 2001 polo Príncipe de Asturias, merece por sí só unha viaxe de lecer e instructiva.
A gastronomía (terneira, cocido, cogumelos…) é un complemento para facer máis agradable a estancia.
Recibide a benvida e un cordial saúdo.
Tomás Rodríguez Arias.
Alcalde de Xermade. |
|