Ejcudo Concello
 galego · castellano ·
Página Principal Galería Fotográfica Contacto Telefonos de Interese Turismo Normativa Municipal Newsletter Informativa Noticias RSS
cuadritos INICIO
cuadritos Xermade
cuadritos Localización
cuadritos Medio Físico e Espacios Naturais
cuadritos Escudo do Concello
cuadritos Historia e Etnografía
cuadritos Patrimonio
cuadritos Sotavento
cuadritos Concello
cuadritos Turismo
cuadritos Parroquias
cuadritos Novas
cuadritos Axenda
cuadritos Fotografías
cuadritos Tour Virtual
cuadritos Contactanos
separador
Xermade
[+]1
Disfruta da natureza
[+]2
Envialle un email o alcalde
[+]3
Adorno   Historia y Etnografía · Adorno
Historia:
Do paleolítico existen 3 xacementos; 2 en Férvedes, en Muíño Novo (Lousada) e Abrigo Curaceiro en Penaparda (Burgás).

A época megalítica en Xermade foi rica, a xuzgar pola abundancia de medoñas (44 catalogadas), cabe salientar, por mor dos traballos arqueolóxicos alí realizados, o conxunto de necrópolis de San Andrés de Lousada; cunhas 20 medoñas de cámara megalítica de tamaño pequeno atopando diverso material exhumado.
Así mesmo, cabe salientar a existencia de 9 castros catalogados e un campamento romano en Vilar de Graña (Roupar).

Dos restos da romanización, a comezos do século do XX, apareceu na parroquia de San Xulián de Cazás unha lápida romana con esta inscripción: "Laribus Vialibus Placinida ex voto posuit".
Trátase dunha das poucas lápidas descubertas en Galicia en honra ós Lares Viales, mítica deidade romana protectora dos viaxeiros; o que indica que por aquí pasaba unha importante vía romana.

Na época medieval o concello repartíase entre o Convento de Meira (na parte norte), o Conde de Andrade (Xermade e Burgás) e o Convento de Monfero. Ó seren limítrofes entraron en litixio reivindicando as parroquias que limitaban.

No século XVIII o rei Carlos III creou o Concello de Xermade baixo a xurisdicción da coroa e Goberno de España.


Etnografía:
Os cruceiros, símbolo de tradición relixiosa e prototipo das tallas que facían os artesáns da Terra Cha, forman parte da cultura de Xermade.

Os muíños de auga son edificacións singulares espallados por toda a xeografía do concello usados para moer o gran dos cereais colleitados na zona e son en xeral de propiedade comunal.

Existen ademáis numerosos hórreos destinados a graneiros ou almacéns con antigüidade superior a un século, que en casos peculiares presentan un pórtico á entrada, apoiado en columnas co fin de resgardar da choiva.
Apreciase a existencia na parroquia de Lousada dun batán, máquina artesanal movida pola auga para bater os tecidos dos teares artesanais.
Na neveira, tamén en Lousada, facíase xeo a partir da neve que se conxelaba por presión.

En Xermade subsisten aínda os últimos artesáns en fabricación de zocas de madeira.
Separador
logo
Adorno[+] Info
Opinion
 
Deco
  Pie  
Lat
Lat
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio