Ejcudo Concello
 galego · castellano ·
Página Principal Galería Fotográfica Contacto Telefonos de Interese Turismo Normativa Municipal Noticias RSS
cuadritos INICIO
cuadritos Xermade
cuadritos Ayuntamiento
cuadritos Turismo
cuadritos Parroquias
cuadritos Noticias
cuadritos Agenda
cuadritos Fotografías
cuadritos Tour Virtual
cuadritos Contactanos
cuadritos Enlaces
separador
 
Adorno   Últimas · noticias Adorno
 

NOVOS CURSOS DE FORMACIÓN PROMOVIDOS POLO CONCELLO (09/02/2010)

A partir de marzo de 2010 iniciaranse novos cursos de formación promovidos polo Concello de Xermade.
 O primeiro deles, Aplicacións informáticas de oficina, desenvolverase en días e horarios diferentes para que os interesados e interesadas podan elixir entre as dúas alternativas a que lles veña mellor. Neste curso intentarase profundizar nos principais programas de xestión que se utilizan a diario nas empresas, uso da sinatura electrónica e xestións que se poden realizar por Internet. Este curso vai destinado a todas aquelas persoas que xa teñan un coñecemento básico dos programas e queiran profundizar no uso deles, sempre desde un punto de vista práctico de cara ao traballo diario dunha empresa.
 
O segundo dos cursos, Internet segura-navegación reponsable,  que comezará no mes abril, ten como obxectivo evitar os riscos do uso inseguro de internet por parte dos nenos e nenas. As nais e pais con fillos conectados á Rede recoñecen a súa responsabilidade sobre protexer aos seus fillos destes perigos, pero admiten que a supervisión é difícil porque non saben onde buscar os recursos necesarios. Neste curso, enfocado tanto a nais e pais como para os nenos e nenas, tratarase acerca da seguridade «online» e da necesidade de establecer regras por parte dos pais e nais sobre o uso que os seus fillos deben ter de internet.

Ámbolos cursos desenvolveranse ata o mes de xuño. Os dous son gratuítos e terán lugar na Aula de informática da antiga Cámara Agraria de Xermade. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición.
As inscricións deben de realizarse no Concello de Xermade en horario de 9 a 14 horas.

Voltar

Separador
 
  Pie  
Lat
Lat
 Diseño y Programación: Prodesin.com Nota Legal | Añadir a Favoritos | Página de Inicio