Ejcudo Concello
 galego · castellano ·
Página Principal Galería Fotográfica Contacto Telefonos de Interese Turismo Normativa Municipal Noticias RSS
cuadritos INICIO
cuadritos Xermade
cuadritos Ayuntamiento
cuadritos Turismo
cuadritos Parroquias
cuadritos Noticias
cuadritos Agenda
cuadritos Fotografías
cuadritos Tour Virtual
cuadritos Contactanos
cuadritos Enlaces
separador
 
Adorno   Agenda · Adorno
ACTIVIDADES DO CONCELLO DE XERMADE. ANO 2010 (24/02/2010)

CURSO DE CONDUCIÓN EFICIENTE

Un ano máis, a Fundación Sotavento Galicia organiza unha serie de cursos encadrados no Plan de Acción 2008-2012 da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España, que canaliza o Instituto para a Diversificación a Aforro de Enerxía (IDAE) a través do INEGA.
O obxectivo do curso é facer un uso máis racional do vehículo, ofrecer un novo estilo de conducción. Así obtemos diminucións no consumo de combustible, melloramos a seguridade vial e o confort.

O Concello de Xermade colabora con esta importante iniciativa e invita a todas as persoas interesadas na realización do curso que se anoten ou ben na Antiga Cámara Agraria ou nos teléfonos: 982 50 11 08 – 678 744 178 (Manuela Vilaboy).

O curso é gratuito e terá unha duración de dúas horas aproximadamente, farase un percorrido duns 5 a 7 km e ofreceranse contidos teóricos e prácticos.
As persoas interesadas poden facelo individualmente ou xuntar un grupo de 3 ou 4 persoas e inscribirse xuntas, escollendo data e hora. Pode realizarse polas mañás ou pola tarde, incluídas as fins de semana.

O día do curso é imprescindible levar orixinal e unha fotocopia do permiso de conducir.
Non é o curso de conducción evasiva



XANEIRO A MAIO

Todas as persoas interesadas nas actividades poden poñerse en contacto con Manuela na antiga cámara agraria ou chamando aos teléfonos: 982 50 11 08, ou ben, 678 744 178. Temos prazas nas actividades.
Consulten calquera dúbida ou fagan sugerencias das actividades, horarios, datas… Axúdennos a mellorar os servizos que ofrecemos.


ACTIVIDADE
LUGAR
DATA E HORA
Bailes de Salón
Casa Escola Momán
Sábados, de 5 a 7 da tarde
Bailes de Salón

Escola Habanera Roupar

Sábados, de 7:30 a 9:30 da noite

Baños de saúde
SPA Vilalba

Luns, cada 15 días.

Custe 13€ cada día. (Piscina, bañeras, parafangos, presoterapia, aceites esenciais…)

O reto da Autonomía. Prevención da Dependencia

Centro Sociocomunitario de Vilalba

Luns e mércores de 9:30 a 11 da mañá. De xaneiro a abril. Para maiores de 65 anos.

Xa se poden anotar as persoas que queiran ir a partir de abril ata xuño. Temos coche para levar e traer á xente. É gratuito.

Ioga
Cazás (Calvario)
Martes de 4 a 5:30
Ioga

Xermade (Antiga casa do médico)

Xoves de 4 a 5:30
Ioga

Cabreiros (Casa Escola)

Venres de 8:30 a 10 da noite

ACTIVIDADE
LUGAR
DATA E HORA
Celebración: Día 8 de Marzo,
 
 Día Internacional da Muller
 
IV Cea de Mulleres do Concello de Xermade
 
 

Exposición: “Rostros de Muller” da ONG Ayuda en Acción.

 

Documental: “Mulleres liderando” (Traballo con mulleres en Nicaragua)

Casa Escola de Cabreiros

 

Sábado, 6 de Marzo. Ás 9 da noite. Custe: 15 €.

(O custe total é 25€. O concello aporta 10€)

Menú: Empanada, pementos recheos, entremeses, langostinos con maionesa, costela asada con patacas e ensalada. Bebidas, postre, café e licores.

Actuación: Trío Aguazul.

Pódense anotar na Asociación de Mulleres de Roupar (Ana): 982 50 10 93, na Asociación de Mulleres de Xermade (María): 982 50 10 05 ou na Antiga Cámara Agraria (Manuela): 982 50 11 08 – 678 744 178

 
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA E HORA
Excursión KM0 Deputación Lugo

Visita á Deputación de Lugo, Olería de Bonxe e Pallozas do Cebreiro.

Xantamos en O Cebreiro (Pedradita), Percorrido a pé ata o fito do Camiño Francés en Galicia (3 km), Visita Museo Etnolóxico do Cebreiro. Pallozas. Visita ao santuario de Santa María a Real. Cáliz do Milagro Eucarístico.

Mércores 31 de marzo. Ás 8:30 diante do Concello de Xermade. Contacto: Manuela- 982501108 – 678 744 178

Excursión KM0 Deputación Lugo

Visita á Deputación de Lugo, Centro de Artesanía e Talleres.

Comida en O Saviñao. Mirador de O Cabo do Mundo. Degustación en bodega. Paseo en barco polo río Miño.

 

Xoves, 15 de abril. Ás 8:30 diante da Casa Escola de Cabreiros. Contacto: Xosé Manuel Felpeto - 619 54 70 72



CHARLA COLOQUIO: A MELLORA DAS PENSIÓNS
Venres: 26 de febreiro. No salón de actos do Colexio de Xermade. Ás 4 da tarde.
Poñentes: D. Antonio Enríquez Vivero e D. Javier Caride Rodríguez. (Funcionarios do Instituto Nacional da Seguridade Social)

Voltar
 
Separador
 
  Pie  
Lat
Lat
 Diseño y Programación: Prodesin.com Nota Legal | Añadir a Favoritos | Página de Inicio